Clérigos - Galería de arte

Pepe Galán

Pepe Galán, A Coruña, 1955, iníciase na pintura á vez que experimenta con outros soportes como a serigrafía, o gravado e a fotografía, medios que son compartidos co seu traballo escultórico. 

Concorre en feiras e exposicións nacionais e internacionais. Europa  suponlle un importante contacto coas diferentes opcións artísticas, históricas e contemporáneas.

Partícipe e cofundador respectivamente de “A Galga” e “Gruporzán”.

Representante da xeración que se dá a coñecer na década dos oitenta tras comeza-la súa experimentación plástica na inmediatamente anterior.

Galán irá creando unha obra que transita por distintas etapas: o tecido en volume, o metal e materiais translúcidos como plástico ou cristal.

Forma parte da Comisión Executiva da Asociación Galega de Artistas Visuais (AGAV) iniciando unha etapa de compromiso a prol da política cultural e social do artista.

Intégrase na Plataforma Burla Negra exercendo como activista cultural.

Contribúe á creación da revista de arte Artnotes, de difusión internacional, editada na Galiza.

Deseña, entre outros, os premios do ano 1999 para a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI). A súa foi nomeada Escultura Institucional Honorífica da Comisión de Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña (CRMH AC).

Bolseiro pola Fundación Arte e Dereito.

Dirixe obradoiros e colabora en cursos para a Deputación da Coruña, Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF), Centro de Formación e Recursos (CEFORE), Xunta de Galiza...

Leva a cabo instalaxes efémeras na urbe así como en espazos naturais.

Premiado no Concurso de Ideas para realizar o Monumento ás Vítimas da Represión Franquista en O Portiño.

Recibe diferentes encargos para espazos públicos como esculturas e murais de grandes dimensións, executadas especialmente en aceiro cortén...

“Pequeno Mayday A 01”. Serie

“Pequeno Mayday A 01”. Serie "MAYDAY".

Vidro e aceiro. 8,5 x 10,3 x 10,3 cm.

2009.

“Pequeno Mayday A 02”. Serie

“Pequeno Mayday A 02”. Serie "MAYDAY".

Vidro e aceiro. 10,5 x 13 x 10,3 cm.

2009.

“Pequeno Mayday A 03”. Serie

“Pequeno Mayday A 03”. Serie "MAYDAY".

Vidro e aceiro. 11 x 13 x 10,3 cm.

2009.

“Pequeno Mayday B 01”. Serie

“Pequeno Mayday B 01”. Serie "MAYDAY".

Vidro e ferro. 18 x 19,5 x 19,5 cm.

2009.

“Pequeno Mayday B 06”. Serie

“Pequeno Mayday B 06”. Serie "MAYDAY".

Ferro. 18 x 19,5 x 19,5 cm.

2009.

"Pequeno Mayday B 04". Serie "MAYDAY".

Ferro. 23 x 19,5 x 19,5 cm.

2009.

Pepe Galán

Pepe Galán

 
Galería Clérigos Rúa Clérigos, nº 5 - Bajo /
T. +34 982 253 924 / F. +34 982 284 945 / clerigos@clerigosgaleria.com /
  • xhtml_1_0Xhtml 1.0 Transitional
  • css2_1Css 2.1
  • Sond3 diseño&desarrollo Sond3